Neste caso é a do calculista Alberto Coto (http://www.albertocoto.com/), que seguramente vistes na tele pola súa rapidez á hora de multiplicar números de moitas cifras en poucos segundos. Pois ben, este home ten unha web moi interesante, con contidos moi diversos, ten apartados con entrevistas súas e os seus records, obviamente, pero despois hai dende biografias de matemáticos, xogos, exercicios...
Por si non vos acordades moito deixo este vídeo, do 1999, cando cumplio o récord por sumar 100 sixitos en 22 segundos:
Así que, un último reconto das páxinas, ainda que se podo, estes días que xa ando máis libre, engadirei máis:
Pido desculpas pola tardanza, despois dun mes de abandono retomo este blog, que espero, de aquí ata Xuño, este moito máis coidade e sexa interesante.
Hoxe gustaríame falar dos fractales, quizás un tema moi complexo que escaba un pouco para explicalo e entendelo á perfección, pero chamoume moito a atención a súa beleza, sen saber previamente que estaba vendo algo matemático, así que estiven indagando un pouco, e intentarei explicalo moi brevemente.
Un fractal é un ente xeómetrico infinito, ten dous características propias que son que a súa área ou superfice son finitas, é dicir, ten límites e por raro que isto poda soar, o seu perímetro é infinito. Todo comezou co descubrimento do Conxunto de Mandelbrot ( nomeado así polo seu descubridor e considerado pai da xeometría fractal) aínda que xa outro matemático Gaston Maurice Julia aportou importantes avances neste campo tamén, e foi curioso xa que ningún dos dous pensaba que descubrirían algo así. Para ser entendidos mellor, fai falta saber que é unha iteración; é unha repetición de "algo" un número infinito de veces, polo que os fractales créanse a través de interaciones dun patrón xeométrico establecido como fixo. A partir de aquí comeza a explicación puramente matemática, que non entendín moi ben... Pero que seguín a mirar e atopei, para a miña sorpresa que os fractales forman parte da natureza e dos seres humanos
Finalizando deixo un último vídeo, moi relaxante, cheo de imáxenes fractais, que non sei a vós pero a min gustáronme especialmente. Tamén dicir, por falar un pouco de todo, os debuxos do artista Escher tamén teñen moito que ver con isto.
A información foi sacada de www.geocities.com páxina que recomendo, que se vos acordes con Leonor e Cristina xa a visitamos e ten contidos de todo tipo e explicados dun xeito sinxelo e entendible. Sen máis Un saúdo e perdón pola tardanza!