jueves, 5 de junio de 2008

FRACTALES

Pido desculpas pola tardanza, despois dun mes de abandono retomo este blog, que espero, de aquí ata Xuño, este moito máis coidade e sexa interesante.

Hoxe gustaríame falar dos fractales, quizás un tema moi complexo que escaba un pouco para explicalo e entendelo á perfección, pero chamoume moito a atención a súa beleza, sen saber previamente que estaba vendo algo matemático, así que estiven indagando un pouco, e intentarei explicalo moi brevemente.

Un fractal é un ente xeómetrico infinito, ten dous características propias que son que a súa área ou superfice son finitas, é dicir, ten límites e por raro que isto poda soar, o seu perímetro é infinito. Todo comezou co descubrimento do Conxunto de Mandelbrot ( nomeado así polo seu descubridor e considerado pai da xeometría fractal) aínda que xa outro matemático Gaston Maurice Julia aportou importantes avances neste campo tamén, e foi curioso xa que ningún dos dous pensaba que descubrirían algo así.
Para ser entendidos mellor, fai falta saber que é unha iteración; é unha repetición de "algo" un número infinito de veces, polo que
os fractales créanse a través de interaciones dun patrón xeométrico establecido como fixo.
A partir de aquí comeza a explicación puramente matemática, que non entendín moi ben... Pero que seguín a mirar e atopei, para a miña sorpresa que
os fractales forman parte da natureza e dos seres humanos




Finalizando deixo un último vídeo, moi relaxante, cheo de imáxenes fractais, que non sei a vós pero a min gustáronme especialmente. Tamén dicir, por falar un pouco de todo, os debuxos do artista Escher tamén teñen moito que ver con isto.




A información foi sacada de
www.geocities.com páxina que recomendo, que se vos acordes con Leonor e Cristina xa a visitamos e ten contidos de todo tipo e explicados dun xeito sinxelo e entendible.
Sen máis
Un saúdo e perdón pola tardanza!

No hay comentarios: