martes, 29 de abril de 2008

Neper (JOHN NAPIER)



Botando a vista uns meses atrás, ó primeiro trimestre falarei de Neper, ou John Napier e do seu achegamento ás matemáticas; os logaritmos.


Neper, nacido en Escocia no 1550, era protestante convencido, aínda que é coñecido pola súa aportación ás matemáticas, foi un privilexiado, posto que pertencía a unha familia de ben o que lle permitiu contar con bós estudios es codearse de numerosos estudosos, convertindo a súa facenda en lugar de encontro de científicos e artistas. Foi tamén algo así coma un mecenas xa que usou a súa fortuna para manter e invitar á producción de obras de pintores,escultores, inventores, poetas, astrónomos... Chegou a inventar máquinas de guerra(vehículos acorazados, pezas de artillería pesada, etc) para protexer a Inglaterra, pero nunca chegaron a construílos.

Neper utilizaba as matemáticas como un mero pasatempo, pero finalmente pasou á historia pola súa contribución a estas ciencias exactas; as Regletas de Neper, ou máis coñecidos coma LOGARITMOS. Estos foron un gran avance e unha gran axuda, sobre todo para os astrónomos, xa que coma el dixo no libro Mirifici logarithmorum canonis descriptio :
<<... viendo que no hay nada más problemático en la práctica matemática y nada más molesto que hacer cálculos, multiplicaciones, divisiones, raíces cuadradas y cúbicas de números muy grandes... he trabajado arduamente en resolver esos problemas...>>
Pois ben, baixo esta idea inicial, ocurríuselle poder expresar todos os numeros de maneira exponencial, é dicir coma potencias dun número base, deste xeito as multiplicación reduciríanse a sumar exponentes, e a división; a restalos.
Así durante 20 anos (de 1.594 a 1.614) adicouse a confeccionar as táboas de logaritmos.
No 1614 publicou o libro Mirifici logarithmorum canonis descriptio, que traduciuse ó castelán como “ Descripción del maravilloso canon de los logaritmos”, no que explicaba o seu descubrimento, que tivo un éxito fulminante, gracias á imprenta e á gran impotancia ao desarrollo científico.
En Italia impulsou o seu uso o matemático Cavalieri e en Alemania foi Kepler quen o fixo.

En Inglaterra, Henry Briggs, gran admirador do traballo de Neper, quedou totalmente abraiado polo seu achegamento, pero tamen decepcionado por non darse de conta el ata que Neper deixouno feito. Aínda así deixou as envexas a un lado e tratou de coñecelo en persoa. Tras moitos intentos, finalmente coñecéronse e traballaron xuntos. Gracias á súa colaboración Briggs desarrollou o uso dos logaritmos en base 10 para a sua utilización no cálculo ordinario.
O mesmo ano da morte de Neper -1617- , Briggs publicou Logarithmorum chilias no que comprendía os logaritmos dende o número 1 ata o 1000.
Neper morreu ós 67 anos cunha vida acomodada e cun paso á historia grazas a un achegamento útil, que aínda a día de hoxe síguese a estudar e que sobre todo simplificou moitos aspectos científicos, así como aplicacións da nosa vida diaria ou como axuda á explicación de feitos na natureza (Escala de Ritcher)...


miércoles, 23 de abril de 2008

DÍA DO LIBRO



Gustaríame dedicarlle esta entrada a este libro, penso que vendo a foto, a maioria sabedes de que libro estou a falar, nin máis nin menos que "O Principiño" de Antoine Saint-Exupéry. Tiven este libro por primeira vez nas miñas mans aos 7 anos máis ou menos e comeceino a ler, pero non me gustou nada, falaba de aviadores, de príncipes doutro planeta e de sombreiros que eran elefantes! Pero que é isto?- pregunteime, díxenlle á miña nai que non me gustara nada e ela, medio abraiada, díxome que non pasaba nada que seguro que pasados uns aniños retomaríao pola miña conta. Co cal deixeino aparcado nunha estantería da miña habitación...Pasaron os anos, agora non sei cantos,nin que idade tiña...pero volvino ver, e como algo así a unha "vinganza" díxenme que esta vez íao entender e disfrutar.
Pasada a primeira páxina ese propósito xa non tiña sentido, estábao a facer sen obligación ningunha, simplemente e coma todos os libro, facíao coma unha afición máis. É un libro ó que lle teño un gran aprecio, quizais por ese mal comezo, e aínda que parece un conto para nenos, cos anos vaslle descubrindo un novo sentido, vai crecendo á carón túa. Ten unha linguaxe simple, unha historia surrealista, e como centro de todo iso unha amizade entre os protagonistas inquebrantable e inesquecible. Quen aínda non o lera recoméndollo, incluso os máis vagos posto que ten a letra grandota, é curtiño e cheo de debuxos^^ e quen xa o leu, recoméndolle que o faga outra vez que aseguro que a experiencia será diferente e encontraredes outra visión do libro. Outro día poñerei algo sobre o autor posto que ten libros realmente bos e entretidos...



Hoxe en conmemoración e homenaxe aos autores que lle dan o sentido a este día poñerei dous videos.

O primeiro sobre Miguel de Cervantes, é a súa biografía xunto con algunhas fotos relacionadas coa época:




E este segundo é unha escena da película de Romeo e Xulieta, obra de Shakespeare, aínda que é unha versión moderna da obra, este anaco penso que é fiel o texto orixinal :



Espero que disfrutedes deste día cun estupendo libro, podedes deixar algún comentario co libro que máis vos guste, ou dicir o que queirades, incluídas a críticas constructiva jiji.

Un saúdo

lunes, 21 de abril de 2008

···A PRIMEIRA PÁXINA WEB···

Hoxe, aproveitando esta clase de matemáticas interactivas subo a entrada da primeira páxina web, neste caso é un blog, atopeina de casualidade e ten tanto noticias, como biografías, chistes ou contos sobre as matematicas. Lin bastantes artículos e a verdade é que nalgúns casos fala de temas que non chego a entender, pero a maioria son moi interesantes e cun linguaxe aínda que formal e matemático; entendible.

Este é o enlace:

http://matelatex.blogcindario.com/


Dicir que hoxe é o Día da Terra, comezouse a conmemorar no 1970 para axudar e recordar a poboación que hai que coidar os recursos naturais. A partir de ahí foron os movementos universitarios quen lle deu auxe a este día, aproveitandoo para concienciar á xente, e sobre todo hoxe en día os grupos e asociacións ecoloxistas úsano para dar charlas e información. A pena é que teña que haber un Día da Terra para recordarnos a nós mesmos que a debemos coidar xa que é o noso único lugar onde vivir...

(Información sacada do buscador Microsoft Encarta)


Xa por último recordar que mañá tamén será outro día conmemorativo: O Día do Libro, esta semana o blog seguramente estará enfocado en torno a ese día, así como tamén para a semana conmemórase o Día Internacional da Danza, que viñendo de min esta claro que tamén o conmemorarei^^
Sen máis


Un saúdo

miércoles, 9 de abril de 2008

MateNoticias - Os aztecas xa calculaban superficies


Despois de máis dunha semana sen poder actualizar, deixo esta noticia, que ó meu parecer canto menos é curiosa. Fala dos aztecas, xa este ano estudamos por enriba esta civilización e apreciamos que estaba moi avanzada para o seu tempo (e respeto dos colonos europeos), e hai pouco descubriuse que o que parecían simples debuxos e pictogramas para os investigadores eran en realidade cálculos para eles.
Aquí deixo un resumo da noticia, e tamén poñerei o enlace por si a queredes ver enteira:

No imperio azteca que atopou Hernán Cortés (siglo XVI) usábase unha aritmética máis complexa do que se cría ata ós nosos días – según explican na revista Science as investigadoras.

Os códices estudiados veñen a ser libros de rexistro de propiedades e tributos de pequenos asentamentos da rexión de Acolchua de Tetzcoco. As autoras demostran que as superficies rexistradas eran o resultado dun método indíxena de cálculo que cren ter descuberto.

Ningún dos dous códices (Códice María Asunción e Códice Vergara) recibira moita atención ata que en 1980 un antropólogo e unha xeógrafa estadounidense, Bárbara Williams, demostraron que as descripcións das propiedades aztecas incluían o concepto de área, así como tamén de lonxitude.

No 2000 uniuse a esta investigación a mexicana Mª del Carmen Jorge y Jorge que xunto con Williams agora lograron demostrar que o cálculo destas superficies baseábase en establecer proporcións entre dous tipos de unidades de medida, a estes cálculos chamáronos Mónadas. Estas fraccións indígenas era similar á forma moderna de pasar de minutos a horas. Os símbolos utilizados nesta aritmética azteca incluían corazóns (= 1 metros), frechas (= 1,25 metros) e mans (=1,5 metros).

Isto demostra que todos estes cálculos facíanse sobre papel e usaban a suma e as división e tamén redondeaban.

El País 31/03/08

(O enlace, para ver a noticia completa: www.elpais.com/articulo/sociedad/manos/ancho/flechas/largo/elpepisoc/20080404elpepisoc_6/Tes )





Un saúdo^^

martes, 1 de abril de 2008

Hoxe é o comezo

Hoxe, o día 1 de abril abro este blog. Unha idea orixinal idea do noso profesor de matemáticas, xa fai unha semana que o dixo, e que mellor día que hoxe, no que fixemos o primeiro exame deste trimestre.

Era de repaso de trigonometría, na miña opinión foi fácil, non ía tan nerviosa coma no anterior, e menos o penúltimo sentinme bastante segura co que estaba a facer, agora so queda agardar polo resultado, que espero que non me decepcione, nin tampouco a Eduardo, o traballo e o esforzo estaban postos, pensemos en positivo mellor, non si?

Polo demais, gustaríame contarvos que me parece moi boa idea, que xa teño algunha que outra cousiña pensada, pero comezo con esta entrada de benvida. No que espero que finalmente todos ou a maioría da miña clase comecemos con esta idea e que sirva para descubrir a cara mais amena das mates. Sobre todo teño pensado(a parte da entrada das páxinas web, que é obligatoria e á cal lle dedicarei máis tempo) falar da utilidade das mates fora do puramente matemático, de ver como influen noutros ámbitos... e tamén cousiñas do noso día día, problemas ou meros comentarios.

Aínda non se pode dicir que disfrutedes moito con esta entrada, posto que contido o que é contido non ten, pero espero nesta semana ter preparada a entrada na que estou pensando e que disfrutedes tanto coma eu cando o descubrín.


Un saúdo a todos^^
Alejandra