
Despois de máis dunha semana sen poder actualizar, deixo esta noticia, que ó meu parecer canto menos é curiosa. Fala dos aztecas, xa este ano estudamos por enriba esta civilización e apreciamos que estaba moi avanzada para o seu tempo (e respeto dos colonos europeos), e hai pouco descubriuse que o que parecían simples debuxos e pictogramas para os investigadores eran en realidade cálculos para eles.
Aquí deixo un resumo da noticia, e tamén poñerei o enlace por si a queredes ver enteira:
No imperio azteca que atopou Hernán Cortés (siglo XVI) usábase unha aritmética máis complexa do que se cría ata ós nosos días – según explican na revista Science as investigadoras.
Os códices estudiados veñen a ser libros de rexistro de propiedades e tributos de pequenos asentamentos da rexión de Acolchua de Tetzcoco. As autoras demostran que as superficies rexistradas eran o resultado dun método indíxena de cálculo que cren ter descuberto.
Ningún dos dous códices (Códice María Asunción e Códice Vergara) recibira moita atención ata que en 1980 un antropólogo e unha xeógrafa estadounidense, Bárbara Williams, demostraron que as descripcións das propiedades aztecas incluían o concepto de área, así como tamén de lonxitude.
No 2000 uniuse a esta investigación a mexicana Mª del Carmen Jorge y Jorge que xunto con Williams agora lograron demostrar que o cálculo destas superficies baseábase en establecer proporcións entre dous tipos de unidades de medida, a estes cálculos chamáronos Mónadas. Estas fraccións indígenas era similar á forma moderna de pasar de minutos a horas. Os símbolos utilizados nesta aritmética azteca incluían corazóns (=
Isto demostra que todos estes cálculos facíanse sobre papel e usaban a suma e as división e tamén redondeaban.
El País 31/03/08
(O enlace, para ver a noticia completa: www.elpais.com/articulo/sociedad/manos/Un saúdo^^
1 comentario:
Pois pareceume interesante, pero o enlace pódese poñer para darlle clic e entrar directamente (isto no cho lo digo para que o vea Eduardo ef diga: ui, que fallo) dígocho para que podas mellorar o teu blog, que esta moi ben. Un saudo: dG2
Publicar un comentario