Hoxe, aproveitando esta clase de matemáticas interactivas subo a entrada da primeira páxina web, neste caso é un blog, atopeina de casualidade e ten tanto noticias, como biografías, chistes ou contos sobre as matematicas. Lin bastantes artículos e a verdade é que nalgúns casos fala de temas que non chego a entender, pero a maioria son moi interesantes e cun linguaxe aínda que formal e matemático; entendible.
Este é o enlace:
http://matelatex.blogcindario.com/
Dicir que hoxe é o Día da Terra, comezouse a conmemorar no 1970 para axudar e recordar a poboación que hai que coidar os recursos naturais. A partir de ahí foron os movementos universitarios quen lle deu auxe a este día, aproveitandoo para concienciar á xente, e sobre todo hoxe en día os grupos e asociacións ecoloxistas úsano para dar charlas e información. A pena é que teña que haber un Día da Terra para recordarnos a nós mesmos que a debemos coidar xa que é o noso único lugar onde vivir...
(Información sacada do buscador Microsoft Encarta)
Xa por último recordar que mañá tamén será outro día conmemorativo: O Día do Libro, esta semana o blog seguramente estará enfocado en torno a ese día, así como tamén para a semana conmemórase o Día Internacional da Danza, que viñendo de min esta claro que tamén o conmemorarei^^
Sen máis
Un saúdo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Pasárame por aquí varias veces,pero nunca firmara,ata agora,que por fin teño blog.
Decir que tes un blog moi traballado,e noraboa polas actualizacións,ata agora,todas moi interesantes.
Botareille unha ollada a esa paxina web e pasareime por aqui a miúdo!
;)
Pois si que é bastante triste que teña que haber un día da terra para recordarnos algo tan importante coma isto...pareceme...non sei...o peor! Pero xa sabes ti que penso eu de todo isto.
E sí,hoxe o día do libro
E agora voume que quero mirar o enlace^^
Pasareime máis por aquí!
Biquiños ale!
Publicar un comentario