
Gustaríame dedicarlle esta entrada a este libro, penso que vendo a foto, a maioria sabedes de que libro estou a falar, nin máis nin menos que "O Principiño" de Antoine Saint-Exupéry. Tiven este libro por primeira vez nas miñas mans aos 7 anos máis ou menos e comeceino a ler, pero non me gustou nada, falaba de aviadores, de príncipes doutro planeta e de sombreiros que eran elefantes! Pero que é isto?- pregunteime, díxenlle á miña nai que non me gustara nada e ela, medio abraiada, díxome que non pasaba nada que seguro que pasados uns aniños retomaríao pola miña conta. Co cal deixeino aparcado nunha estantería da miña habitación...Pasaron os anos, agora non sei cantos,nin que idade tiña...pero volvino ver, e como algo así a unha "vinganza" díxenme que esta vez íao entender e disfrutar.
Pasada a primeira páxina ese propósito xa non tiña sentido, estábao a facer sen obligación ningunha, simplemente e coma todos os libro, facíao coma unha afición máis. É un libro ó que lle teño un gran aprecio, quizais por ese mal comezo, e aínda que parece un conto para nenos, cos anos vaslle descubrindo un novo sentido, vai crecendo á carón túa. Ten unha linguaxe simple, unha historia surrealista, e como centro de todo iso unha amizade entre os protagonistas inquebrantable e inesquecible. Quen aínda non o lera recoméndollo, incluso os máis vagos posto que ten a letra grandota, é curtiño e cheo de debuxos^^ e quen xa o leu, recoméndolle que o faga outra vez que aseguro que a experiencia será diferente e encontraredes outra visión do libro. Outro día poñerei algo sobre o autor posto que ten libros realmente bos e entretidos...
Hoxe en conmemoración e homenaxe aos autores que lle dan o sentido a este día poñerei dous videos.
O primeiro sobre Miguel de Cervantes, é a súa biografía xunto con algunhas fotos relacionadas coa época:
E este segundo é unha escena da película de Romeo e Xulieta, obra de Shakespeare, aínda que é unha versión moderna da obra, este anaco penso que é fiel o texto orixinal :
Espero que disfrutedes deste día cun estupendo libro, podedes deixar algún comentario co libro que máis vos guste, ou dicir o que queirades, incluídas a críticas constructiva jiji.
Un saúdo
2 comentarios:
O principiño comeceino a ler,pero non fun quen de rematalo,quizais porque lia un capitulo moi de vez en cando,e non lle seguia o fio á historia.
Sei que che gusta moito ese libro,e algun día rematareino de ler para poder comentalo contigo.
;)
Pasome por aqui rapidiño! Un bico
O principiño, sen dúbida un gran libro :-)
Pasábame o mesmo ca ti, regaláronmo cando era pequena e non o entendía, tamén dicía que non me gustaba, ata hai un ano ou así, que o busquei e o lin, e sí, tes razón, volvereino a ler, non só unha vez, senón moitas, xa que supoño que a medida dos anos cambiará a nosa maneira de ver as cousas que conta o libro, e iso é interesante.
E algún libro que me gustara... Corredores de sombra, de Agustín Fernández Paz (aínda que del gústanme todos); Donde el corazón te lleve, de Susanna Tamaro; e Todo vai ir ben, de Silvestre Gómez Xurxo.
Un bico!
Publicar un comentario