martes, 1 de abril de 2008

Hoxe é o comezo

Hoxe, o día 1 de abril abro este blog. Unha idea orixinal idea do noso profesor de matemáticas, xa fai unha semana que o dixo, e que mellor día que hoxe, no que fixemos o primeiro exame deste trimestre.

Era de repaso de trigonometría, na miña opinión foi fácil, non ía tan nerviosa coma no anterior, e menos o penúltimo sentinme bastante segura co que estaba a facer, agora so queda agardar polo resultado, que espero que non me decepcione, nin tampouco a Eduardo, o traballo e o esforzo estaban postos, pensemos en positivo mellor, non si?

Polo demais, gustaríame contarvos que me parece moi boa idea, que xa teño algunha que outra cousiña pensada, pero comezo con esta entrada de benvida. No que espero que finalmente todos ou a maioría da miña clase comecemos con esta idea e que sirva para descubrir a cara mais amena das mates. Sobre todo teño pensado(a parte da entrada das páxinas web, que é obligatoria e á cal lle dedicarei máis tempo) falar da utilidade das mates fora do puramente matemático, de ver como influen noutros ámbitos... e tamén cousiñas do noso día día, problemas ou meros comentarios.

Aínda non se pode dicir que disfrutedes moito con esta entrada, posto que contido o que é contido non ten, pero espero nesta semana ter preparada a entrada na que estou pensando e que disfrutedes tanto coma eu cando o descubrín.


Un saúdo a todos^^
Alejandra

3 comentarios:

Eduardo dijo...

Noraboa polo comezo que, ademais de ser o primeiro blog de todo o alumnado, promete.
Parece que este artigo vai ser o primeiro dunha longa traxectoria.

O do exame xa falaremos en clase, pero se as túas impresións son boas, seguro que vai ben, non si?

Ánimo para encher esto e para ter máis confianza no teu traballo.

Eduardo dijo...

Esquecín asinar, pero como queda claro, o do comentario anterior son eu; Eduardo

olga dijo...

Noraboa polo teu blog de mates, Alejandra.
Tamén podes colaborar con calquer cousa de música no VOSO blog de 4º, agora que xa tes conta de gmail.

XD

E a seguir cos blogs!